CRÓNICA: Así foi a análise cos candidatos

Olga Louzao, Ismael Rego e Fernando Blanco participaron no programa de Radio Voz

Fernando Blanco (exconselleiro do BNG), Olga Louzao (Ciudadanos) e Ismael Rego (PSOE) participaron onte no análise electoral de Radio Voz.

—Que aconteceu?

—Fernando: Estas novas eleccións levan a un desastre máis difícil que a situación anterior. Alégrome porque o BNG ten presenza no Congreso, pero todos os aspectos que se querían resolver, agora son moito máis complexos.

—Olga: Para min hoxe é un día moi duro e complicado. Non só pola derrota, non hai escusas e somos moitos os que cremos nun partido de centro que aporte estabilidade.

—Ismael: Os resultados de onte son consecuencia de non deixar que gobernara o partido que gañou as eleccións. Os cidadáns responderon con contundencia e puxeron os puntos sobre as ís.

—E agora que?

—Fernando: Agora é máis difícil. Os claros ganadores foron os de Vox e tamén os nacionalismos vasco, catalán e galego, que incrementaron notablemente a súa presenza. O PSOE convocou estas eleccións para incrementar a súa presenza e ter un marco máis cómodo. O panorama para chegar a acordos é moi difícil.

—Olga: É o resultado da responsabilidade de Pedro Sánchez dende que presentou a moción de censura contra o Partido Popular. Comprometeuse cos cidadáns a convocar unhas eleccións, non o fixo. Non lle gustaron as xerais e non foi capaz de buscar acordos suficientes. Por iso estamos nesta situación hoxe. Gañaron os extremos.

—Ismael: Pedro Sánchez a única culpa que ten é que gañou as eleccións antes e agora. O que fai falla e que os que as perden deixen polo menos que haxa investidura.

—Sae reforzado Feijoo cos resultados de onte?

—Fernando: Vox non ten representación en catro comunidades, polo que eu creo que todo voto da dereita aglutínase arredor do PP e pode ser un reforzo. Hai máis datos, un crecemento do BNG e estamos a poucos meses dunhas eleccións galegas.

—Olga: Quedou claro que o PSOE sufriu un custo con estas eleccións e o PP sae reforzado porque soubo aglutinar todo o voto. O que máis me chama a atención e a falta de crítica. Eu creo que moita xente que votou a Vox non comparte moitas das súas propostas, e iso espero. É xente cabreada por situacións do día a día.

—Ismael: Cuestións que parecen moi raras aquí funcionan en Portugal sen problema algún. Que haxa acordos non sería inventar nada en absoluto. O que me parece máis triste e que se manteñan os discursos que levaron a Ciudadanos ata onde están.

—Iglesias díxolle a Sánchez que se durme máis intranquilo con 52 ministros de ultradereita. A que nos enfrontamos agora?

—Fernando: Creceron os nacionalistas, algo bo. En Galiza o panorama muda totalmente con estes resultados. Hai cuestións moi importantes nas que se precisa unha certa estabilidade.

—Olga: Enfrontámonos a retos moi importantes nos próximos anos. O panorama do anterior Congreso era máis positivo que o de agora e vai ser máis difícil chegar a acordos.


Votación
0 votos
Comentarios

CRÓNICA: Así foi a análise cos candidatos