Vanessa Somoza: «Alcoa poder ser intervida polo Estado, porque a Constitución o permite»

A candidata de En Común Unidas Podemos por Lugo defendeu un cambio paulatino para a térmica das Pontes


lugo / la voz

En Común-Unidas Podemos repite como cabeza de lista en Lugo a Vanessa Somoza, que onte estivo no programa Voces de Lugo de Radio Voz. E foi moi clara cando se lle preguntou polo futuro de Alcoa: «Debería haber unha tarifa electrointensiva xusta e adecuada, pero non habería este problema se tiveramos unha empresa pública de enerxía ou mesmo a intervención, como permite a Constitución». Somoza apelou á Carta Magna se fose necesario: «O Estado debe protexer aos cidadáns e non aos intereses dunha multinacional que recibiu miles de euros en subvencións e agora decida marchar para deslocalizar a produción e encher os seus petos».

As Pontes

Sobre o outro foco de crise industrial que ameaza á provincia, a central térmica das Pontes e a súa influenza sobre Terra Chá, Somoza dixo que apoiaban «unha transición xusta e racional, pero non se pode pechar a térmica sen un plan alternativo e progresivo que evite deixar á xente sen traballo».

Sobre o escenario postelectoral, Somoza sinalou que logo do debate televisivo «o PSOE non é un freo para a dereita e tampouco unha solución para a clase traballadora, se finalmente se aplica a mochila austríaca. Para que nós negociemos co PSOE ten que haber unhas liñas vermellas claras e son a aplicacións de políticas que axuden a mellorar as condicións de vida da xente».

Entre estas medidas, sinalou a candidata de En Común Unidas Podemos por Lugo a de subir o salario mínimo interprofesional ata os 1.200 euros, blindaxe das pensións -«algo fundamental para unha provincia como a nosa, onde temos unha poboación que depende deses ingresos para levar unha vida digna»- ou políticas a favor da redución da tarifa eléctrica das familias «e evitar máis recortes de dereitos e de liberdades».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Vanessa Somoza: «Alcoa poder ser intervida polo Estado, porque a Constitución o permite»