Obradoiros, teatro, baile e xogos no Samaíneando

LUGO

IAGO CORTÓN

O Concello de Lugo organiza actividades culturais para toda a familia

26 oct 2019 . Actualizado a las 18:13 h.

Do 28 de outubro ao 3 de novembro • Lugo • De balde • 

A área de Cultura do Concello presentou as actividades culturais do Samaín, pensadas para toda a familia. Baixo o nome de Samaíneando, haberá andainas, obradoiros, teatro, baile e xogos.

· Obradoiros de preparación do Samaín en familia. Do 28 ao 31. O Vello Cárcere.

Haberá un obradoiro de elaboración de capas brancas con carapucha, de 17.00 a 18.00; outro de candeas de cera, de 18.00 a 19.00; e outro de maquillaxe das ánimas, de 19.00 a 20.00 horas. Inscricións no 010.

· Vaia polas ánimas! Día 31, de 17.00 a 19.00 horas.

Obradoiro de rosarios de zonchos para familias ou menores acompañados, para recuperar esta tradición.

· Paseo teatralizado desde a Porta de San Pedro. Día 31, 20.30 horas.

Paseo en familia polo Camiño Primitivo ao seu paso polo recinto histórico da cidade.

· Samaíneando e bailando. Día 31, Praza da Soidade, das 23.00 ás 2.00 horas.

Baile, medo e diversión coa Duendeneta.

· En boa Compaña. Días 2 e 3, O Vello Cárcere, de 17.30 a 20.30. Actividades didácticas para nenas e nenos de 8 a 12 anos.

· Samaíneando no Cárcere. Día 2, de 11.30 a 12.30 e de 18.00 a 19.00 horas. Xogos e diversión sobre o Samaín para nenas e nenos de 3 a 8 anos.