Máis dunha vintena de concertos no Festival de Jazz

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

Comezará o sábado 9 e prolongarase ata o día 16 de novembro

28 oct 2019 . Actualizado a las 19:06 h.

Lugo acollerá entre o 9 e o 16 de novembro a undécima edición do Festival de Jazz da cidade. Un encontro que incluirá unha vintena de concertos e actividades e que foi presentado onte.

Desta volta, o concerto de Andrea Motis Quintet o sábado 9 no Círculo das Artes será o que abrirá boca. Ese mesmo día también actuará DR. Maha´s Miracle Tonic. O domingo chegará a quenda de Projecto Miño. Baldo Martínez Grand Ensemble, mentres que a programación do luns inclúe a Carloa Ortiz Quartet, a Airelle Besson Quartet e a Valentín Caamaño Blind Wrestler Quartet.

O martes 12 de novembro actuarán na cidade Karrin Allyson e Pere Navarro Quintet nun concerto no que compartirán escenario con Abe Rábade. O mércores haberá unha sesión de cine, The Dirty Dozen Bras Band e Marcos Teira Quinteto Nós.

O xoves proxectarase un novo filme e actuarán Ron Carter Foursight Quartet e Luis Verde Cuarteto. Para a axenda do venres están reservados Larry Goldings, Peters Bernstein & Bill Stewart, Xacobe Martínez Antelo Trío e Daniel Juárez Quintet.

Para o sábado 16, data na que rematará o festival lucense, a organización programou un taller de improvisación vogal con Mónica De Nut que se impartirá dentro do oitavo Seminario internacional de jazz e música moderna, e Fatspoon encargarse da sesión vermú. Logo, Josh Dion e Geoff Kraly impartirán unha master class e actuará Naughty Professor. Tamén incluirá a Jazz sessions por Sr. Blas, Wealman e París Monster, que serán os encargados de pechar o ciclo.