Obradoiros, xincana nocturna e desfile de ánimas para festexar o Samaín

O Concello de Lugo organiza actividades lúdicas do 28 de outubro ao 1 de novembro


Do 28 de outubro ao 1 de novembro • Lugo • De balde • 

A concelleira de Igualdade e Xuventude, Ana Abelleira, presentou o programa de actividades que organiza o Concello con motivo do Samaín. Os actos están pensados para todas as idades e animan a participar a todos os lucenses, caracterizados para a ocasión: 

Luns 28

· Taller de caracterización de Samaín. 17.00-21.00 horas. Casa da Xuventude. Gratis. Inscricións ata o día 26

Martes 29

· Taller de maquillaxe de efectos especiais. 17.00-21.00 horas. Casa da Xuventude. Gratis. Inscricións ata o día 26

Xoves 31

· II Rastrexo nocturno do terror: «A maldición das airas do Miño», de 21.30 a 00.00 horas. Para maiores de 18 anos ou maiores de 16 acompañados. Rematará cunha chocolatada e os vencedores da xincana recibirán como premio unha xornada de esquí; e os que queden en segundo e terceiro lugar levarán material deportivo. Inscricións no 010.

Venres 1

· Talleres abertos e gratuítos na Praza da Soidade, de 17.30 a 21.30 horas:

- Baleirado e tallado de cabzas

- Recortables e coloreables

- Pintado de caras con pictos galaicos

- Xogos, concurso de cabazas e de debuxos

- Degustación de chocolate con churros para participantes

· Desfile de ánimas polo casco histórico e o adarve da Muralla, coa participación das asociacións de recreación histórica Clan de Breogán, Trebas Galaicas, Mercenarios Galaicos, Lugdunum e Civitas Lucensis. Conxuro purificador.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Obradoiros, xincana nocturna e desfile de ánimas para festexar o Samaín