O Campus Terra favorece a creación con cine, danza, fotografía e teatro


A área de Cultura da USC favorece a formación artística, a creatividade e a experimentación entre o alumnado do Campus de Lugo, a través dun amplo programa de cursos, seminarios e actividades organizadas ao abeiro da Aula de Teatro e dos Espazos Danza, Fotografía e Cine. O obxectivo desta oferta de formación é o de contribuír ao desenvolvemento persoal e profesional de estudantes, así como dos demais membros da comunidade universitaria e incluso doutras persoas alleas, a través de cursos, obradoiros e seminarios de temática ligada tanto ao coñecemento das novas posibilidades que ofrece a tecnoloxía no proceso creativo como a outras manifestacións artísticas de pegada social. Así o explicou Jesús Varela Zapata, adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do campus para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos. Os cursos e seminarios inclúen cine, danza, fotografía, teatro e videocreación. A matrícula está aberta.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Campus Terra favorece a creación con cine, danza, fotografía e teatro