Éxito na ruta entorno ao mosteiro de Penamaior

LUGO

PATRIMONIO DOS ANCARES

Numerosas persoas participaron na andaina, nas charlas e no conocerto que promoveron Patrimonio dos Ancares e Espazos Sonoros

03 jun 2021 . Actualizado a las 17:12 h.

Ven de finalizar este domingo a xornada que o colectivo Patrimonio dos Ancares promoveu ao redor da igrexa mosteiral de Penamaior. «A verdade é que superou todas as nosas espectativas», sinalou o historiador Xabier Moure.

PATRIMONIO DOS ANCARES

Á andaina da mañá por un tramo da variante do Camiño de Santiago (Vía de Künig) e ás charlas sobre a historia da igrexa e do mosteiro, a cargo do citado colectivo, asistiron unhas 140 persoas, e ao concerto, organizado por Espazos Sonoros, de Capella de Ministrers unhas 200. «Tivemos que poñer 80 sillas a maiores dos bancos, e algunha xente tivo que estar de pé», explicou Moure.

PATRIMONIO DOS ANCARES