Intercambio de bandas en Outeiro de Rei

Celebrouse un acto de confraternidade coa Banda portuguesa da Sociedade Filarmónica Santanense e a Banda Sons e Soños


Este tivo lugar diante do Concello de Outeiro de Rei a recepción da banda portuguesa da Sociedade Filarmónica Santanense por parte do alcalde, José Pardo Lombao, e da concelleira de Cultura, Begoña Seco, que estiveron acompañados polos representantes dos Concellos de Begonte e de Rábade.

A Sociedade Musical Recreativa Instructiva e Beneficente Santanense, cuxa presidenta Marta Angelo estivo presente no acto, foi fundada en setembro de 1894 e segue a funcionar de forma continuada dende ese momento polo que conta xa con 125 anos de historia e ocupa un lugar destacado entre as súas conxéneres do centro de Portugal.

A banda Sociedade Filarmónica Santanense está dirixida dende 1985 polo Maestro Francisco Relva Pereiras e ten actualmente con 63 músicos; esta banda fará un intercambio coa banda Sons e Soños da Asociación Músico Crisanto dos concellos de Outeiro de Rei, Rábade e Begonte.

A recepción por parte dos alcaldes tivo lugar á unha do mediodía diante do Concello e posteriormente fíxose unha pequena benvida aos seus representantes no salón de plenos. Unha vez finalizado o acto, ambas bandas realizarán un breve percorrido pola rúa principal.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Intercambio de bandas en Outeiro de Rei