A Universidade de Pernambuco asóciase coa USC para formar doutores e desenvolver I+D no ámbito agroforestal

Este mércores celebrouse unha recepción institucional no que se explicaron os detalles do convenio que firmaron as dúas entidades


Lugo

A Universidade Federal Rural de Pernambuco fortalece as súas alianzas coa USC ca firma dun convenio que favorece a mobilidade e o intercambio de docentes e investigadores.

Este mércores celebrouse unha recepción institucional na Vicerreitoría de Coordinación do campos de Lugo por parte da vicerreitora Montserrat Valcárcel. 

A visita desta universidade brasileira encádrase no marco liña de colaboración que manteñen dende hai tres lustros investigadores das dúas universidades. Ademáis, os profesores de Pernambuco presentará o seu programa de mobilidade interuniversitaria Print/Capes, orientado a promocionar o intercambio e a mobilidade, ademais de estancias de investigación e proxectos conxuntos entre entidades de educación superior brasileira e doutros países.

Este programa achega financiación a algunhas universidades do paós que potencian estadías internacionais. As dúas universidades comparten un ámbito de actuación e estudo: o agroeconómico e forestal.

Newsletter Educación

Recibe todas las semanas la información más relevante sobre educación

Votación
0 votos
Comentarios

A Universidade de Pernambuco asóciase coa USC para formar doutores e desenvolver I+D no ámbito agroforestal