Un documental sobre os mozos do Sahara

LUGO

Cedida

Comezan as Sesións de Filmoteca do Club Cultural Valle-Inclán

01 oct 2019 . Actualizado a las 12:32 h.

«Hamada» • 2018 • Suecia-Noruega-Alemaña • Eloy Domínguez Serén • 

O Club Cultural Valle-Inclán retoma as Sesións de Filmoteca, coa colaboración do Centro Galego de Artes da Imaxe-CGAI, con proxeccións os mércores ás 19.30 horas no salón de actos da Casa do Saber (Vicerreitorado). A entrada é de balde para socios e comunidade universitaria, e custa 1 euro para o resto.

A primeira proxección será o mércores 2, con Hamada, de Eloy Domínguez Serén (Simes, Pontevedra, 1985), que se visionará en versión orixinal (árabe) con subtítulos en galego. Trátase dun documental no que se retrata -con vitalidade, humor e situacións inesperadas- a un grupo de amigos que viven nun campamento de refuxiados en pleno deserto do Sahara. O único que separa aos mozos do seu fogar é un campo de minas e o segundo muro militar máis grande do mundo. Son os chamados sahrawis.

O día 9 proxectarase a película Doentes, de Gustavo Balza (España, 2011); o día 16, Largo viaje hacia la noche, de Bi Gan (China, 2018); e o 30 de outubro, Hitchcock-Truffaut, de Kent Jones e Serge Toubiana (Estados Unidos, Francia, 2015).