O teatro do Camiño Norte chega esta semana a Lugo e a Vilalba

Actuarán compañías de Asturias e Euskadi

La Tejedora de Sueños actuará este jueves en Lugo
La Tejedora de Sueños actuará este jueves en Lugo

Xoves 3 e sábado 5 • Lugo e Vilalba • 

O proxecto Camiño Escena Norte chega esta semana a Lugo e a Vilalba. Trátase dun intercambio cultural que toma a ruta histórica do Camiño de Santiago do Norte como referencia para unha intensa programación escénica: «Aproveitando esta ruta cultural e histórica que nos une dende hai séculos, creamos un novo camiño de cultura con espectáculos de teatro e danza, encontros, obradoiros, xornadas ou residencias de creación, no que mostrar a diversidade cultural, lingüística e de formatos e linguaxes escénicas da produción galega, asturiana, cántabra e vasca».

O xoves 3 chegará o teatro a Lugo coa compañía asturiana La Tejedora de Sueños, que porá en escena Como ceniza blanca sobre una hoguera, de Néstor Villazón, ambientada na España dos Reis Católicos (século XV) e da Santa Inquisición. Será ás 20.00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, para público adulto, e posteriormente haberá un debate.

En canto a Vilalba, o sábado 5 actuará Teatro Gorakada (Euskadi), con A viaxe de Ulises/Ulisesen bidaia, unha creación colectiva sobre un texto de Julio Salvatierra, para público infantil e familiar, sobre os deuses gregos e a historia de Ulises como metáfora da vida. Será ás 18.30 horas no Auditorio Carmen Estévez. O espectáculo é en castelán, con cancións e diálogos en euskera. Previamente, ás 16.30, haberá un obradoiro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O teatro do Camiño Norte chega esta semana a Lugo e a Vilalba