Un San Froilán con máis de 200 actividades

Lorena García Calvo
Lorena García Calvo LUGO / LA VOZ

LUGO

CARLOS CASTRO

As festas patronais incluirán 170 propostas musicais; o domingo das mozas haberá 31 actuacións. Consulta aquí o programa completo

06 oct 2019 . Actualizado a las 20:17 h.

Queda tan só unha semana para que o San Froilán inunde Lugo de música e actividades variadas pensadas para todos os públicos. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, presentou onte o programa definitivo das patronais subliñando que serán máis de 200 os actos que se sucederán entre o 4 e o 12 de outubro. Deles, 170 son actuacións musicais de estilos variados.

Coma sempre, o domingo das mozas será o día forte con 31 actividades, mentres que o sábado a axenda incluirá 25. Para quentar motores, este domingo haberá na praza Agro do Rolo unha sesión vermú a cargo de Rachel & The Blue Batons e Malditos Pendejos. A partir do día 3 as casetas do pulpo xa estarán funcionando. Durante as festas haberá puntos violeta contra as actitudes machistas e un espazo de atención a persoas autistas.

venres

20.00 horas Pregón de Os Pelúdez na Casa do Concello.

20.30 Os Pelúdez + Xigantes e Cabezudos + Charanga Terra Chá + Reviravolta no pregón.

20.45 Fogos de artificio na rúa poeta Noriega Varela.

21.00 30 aniversario do Milagre de San Vicente, na pr do Campo.

21.00 Pasarrúas Terra Chá e Reviravolta polo casco histórico.

21.00 Concerto Xosé Lois Romero & Aliboria en Santa María.

22.00 Concerto Sés, na Horta do Seminario. Teloneiros: Milesios (21.00 h)

22.30 Espazo Hip Hop/ Urban Music na pr. da Soidade.

23.00 Concerto de Familia Caamagno na pr. de Santa María.

23.00 h Verbena coa orquestra Suavecito na pr. Maior.

00.30 A Duendeneta na pr. do Campo Castelo.

sábado

11.00 Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña.

11.00 a 13.30 O San Froilán Tecedeiro, actividade de cestería.

10.45 Recepción oficial á corporación de Ferrol no Concello.

11.15 IX Desfile de Gando.

12.00 Ofrenda a San Froilán, na Catedral de Lugo.

12.00 Pasarrúas dos Trastiños de Castelo por Albeiros e As Gándaras.

12.00 Concerto da Banda Filarmónica de Lugo + Banda da Escola de Música de Rianxo. Pr. San Marcos.

13.00 Concerto de Por mí Swing na pr. de Santa María.

13.00 Sesión vermú Mustélidos na Rinconada do Miño.

13.00 Pasarrúas dos Xardois, pola pr. Mártires de Carral, rúas Dinán e San Roque ata Montirón.

13.00 h Pasarrúas da charanga Son do Miño por Recatelo, Puro Cora, Vila de Foz e recinto feiral.

13.30 Sesión vermú Untides, na pr. do Campo Castelo.

17.00 a 19.00 h XVII Festival de Cultura Tradicional. Pr. de Santa María.

17.00 a 02.00 Sanfroidance, na pr. da Soidade. Mandruka, Bush Doctors, Erin, Marvin L, Dj Limbo, Fonkid, Rendi Nue e Gama.

18.30 Pasarrúas de Folquiada.

18.45 h Verbena galega d’antes. pr. Maior.

19.00 Pasarrúas da charanga Amigos de Manolo por Recatelo, Puro Cora e recinto feiral.

19.00 Pasarrúas da charanga O.T. pola pr. Mártires de Carral, San Pedro, rúa Progreso, San Marcos e Ruanova.

19.30 Pasarrúas de Caivanca pola avenida da Coruña, desde a Medusa, polas pr. Viana do Castelo e Agro do Rolo.

20.00 Pasarrúas dos Xílgaros de Lugo +Xigantes e Cabezudos polo recinto histórico.

21.00 Concerto de Música Nuda na pr. de Santa María. Teloneiros: Sigilu (20.00 h)

22.00 Concerto de La Habitación Roja na pr. Horta do Seminario. Teloneiros: Berta Franklin (21.00 h)

22:30 DJ Roberto Tempo na pr. do Campo Castelo.

23:00 Concerto de Def con Dos na pr. de Santa María.

23.00 Verbena coa orquestra Arizona na pr. Maior.

00.30 Os Festicultores polo recinto histórico.

domingo

11.30 a 14.00 Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas polo recinto histórico. Participan: A Gaita de Sarandón, A Requinta de Xián, Boudebou Gaiteiros, Cántigas e Frores, Faíscas de Solobeira, Gómes Mouro, Lagharteiras, Os Estrobos, Os Monifates, A Volta do Agro, Pandereteiras de Amigos da Gaita, Pandereteiras de Ultreia, Pandereteiras Ergutío, Par de par, Río de Anxo e Tumba e dálle.

11.30 Recepción no Concello á Asociación do Traxe Galego de Santiago + Traxandaina de Lugo. Paseo e exhibición.

12.30 Pasarrúas de O Feitizo pola pr. da Milagrosa, Camiño Real, Mallorca e Avenida da Coruña.

13.30 Sesión Vermú Bello & Bedu na pr. do Campo Castelo.

13.30 Sesión vermú a cargo de Muddy Dolls na pr. da Soidade.

17.00 a 21.00 O San Froilán Tecedeiro.

17.30 a 18.30 h XXI Mostra de Música Tradicional.

18:30 Concerto de Maraghotas. Pr. de Santa María.

19.30 h Concerto de Lagharteiras. Pr. de Santa María

21.00 h Concerto de Tanxugueiras na pr. de Santa María.

22.00 Concerto de Dulce Pontes na Horta do Seminario. Teloneiros: Batital (21.00 h)

23.00 Verbena con Cinema na pr. Maior.

luns

12.00 Pasarrúas Nubeiro Lugo.

12.00 a 20.00 Cultura e tradición no Camiño a cargo de Traxandaina no Cantiño Nemesio Cobreros (ao lado do Vello Cárcere). Demostración de fiado de lá e tecido, bordado ao aire e tear.

17.00 O Mago Antón na pr. Arquitecto Casas Novoa.

17.30 Sesión de tarde coa orquestra Acordes na pr. Maior.

20.00 h Cultura e tradición no Camiño III na pr. Cantiño Nemesio Cobreros: Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero.

20.00 Pasarrúas da Charanga Mekánika pola Ruanova.

20.00 Concerto de Ship of Fools na pr. da Soidade.

21.00 Concerto de Ray Gelato & The Giants en Santa María. Teloneiros: Los Zorros (20.00 h)

21.00 Concerto de Manu Happy no Patio do Seminario menor.

martes

11.00 a 20.00 Cultura e tradición no Camiño. Cantiño Nemesio Cobreros. Obradoiro elaboración de zocos con Mª Xosé Martínez e Alberto Geada.

11.30 Pasarrúas da charanga Vaka Pinta pola rúa Quiroga Ballesteros e Santo Domingo.

17.00 O Mago Antón Arquitecto Fernando de Casas Novoa.

19.00 Pasarrúas de Treboada polo casco histórico.

20.00 Presentación San Froilán dos Devanceiros “Barriga verde na prensa”. Vello Cárcere.

20.00 Concerto de Mr. Hathaway na pr. da Soidade.

21.00 Concerto de Shica & Gutman, Santa María. Teloneiros: Iria

mércores

11.00 a 20.00 Cultura e tradición no Camiño. Obradoiro de Cianotipias, impresión de imaxes en papel e de bastidor para nenos.

12.00 Entrega de premios do XV Concurso de Tapas. No MIHL

13.00 Pasarrúas da charanga Viño Branco polo casco histórico.

17.00 O Mago Antón.

18.00 Letra das festas (2019) Popurrí de orquestras, bises e verbenas A Revista Oral do San Froilána. O Vello Cárcere.

19.00 h Pasarrúas de Airiños do Neira polaFonte dos Ranchos, Castiñeiro e Lamas de Prado.

20.00 Cultura e tradición no Camiño. Davide Salvado, Fransy González e Cibrán Seixo.

20.00 Pasarrúas de Raíces do Campo polas rúas Puro Cora, Recatelo e recinto feiral.

20.00 Concerto The Old Project na pr. Soidade.

21.00 Concerto de Joan Garriga I el Mariatxi Galáctic, na pr. de Santa María. Teloneiros: Filophóbicas.

21.30 h Verbena París de Noia na pr. de Augas Férreas.

xoves

12.00 a 20.00 Cultura e tradición no Camiño.

17.00 O Mago Antón Arquitecto Fernando de Casas Novoa.

19.00 Actuación para público familiar de “Rojo” de Mireia Miracle na pr. Maior.

20.00 Cultura e tradición no Camiño III. Abraham Cupeiro.

20.00 Concerto de El Último Burro na pr. da Soidade.

20.00 Gala Deporte Lucense no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

20.30 Pasarrúas de Perkusiona, Batería da Unidade.

20.30 Pasarrúas da charanga Os Jalácticos.

21.00 Concerto Derby Motoreta´s Burrito Kachimba na pr. de Santa María. Teloneiros: Kalte Sonne (20.00 h)

22.00 h Concerto Poptour Festival 2019 na pr. Horta do Seminario con:Javier Gurruchaga, Miguel Costas; Bernardo Vázquez; Cómplices; Joaquín Padilla; Santi Sánchez. Teloneiros: Forget La France (21.00 h).

23.00 Verbena El Combo Dominicano na pr. Maior. 

23.00 Concerto de Nao na pr. de Santa María.

venres

11.00 a 20.00 Cultura e tradición no Camiño III: alfarería, cestería, tear. Zanfonas.

12.00 Pasarrúas de Biouteiro Astelu polo recinto histórico.

18.30 Pasarrúas de Son de Lugh polo recinto histórico.

19.00 Espectáculo itinerante familiar de Tiritirantes. Inicio e final no Patio do Seminario menor.

20.00 Cultura e tradición no Camiño. Actuación da A.C. A Volta do Agro.

20.30 Actuación de Arrhythmia na pr. da Soidade.

20.30 Pasarrúas da charanga Unión Phenosa + Xigantes e Cabezudos pola zona dos viños.

21.00 Concerto de Jay Jay Johansson na pr. de Santa María. Teloneira: Laura La Montagne & Pico Amperio (20.00 h)

22.00 Concerto de Don Patricio na pr. Horta do Seminario.

22.30 III Concurso Miss Deusa 2019 na pr. da Soidade.

23.00 Concerto de Michelle David & The Gospel Sessions na pr. de Santa María.

23.00 Verbena Costa Dorada na pr. Maior.

00.30 Duendeneta. Pr. Soidade.

sábado

11.00 Inauguración da Volta ao Medievo ao carón da Catedral de Santa María. Feira Medieval.

11.30 Banda de Música de Lugo na pr. de Santa María.

12.30 Pasarrúas Foliada de Bosende + Xigantes e Cabezudos.

13.00 Pasarrúas Tambukada.

13.00 Sesión vermú da orquestra D´Moda na pr. Maior.

13.00 Volta ao Medievo: Encontro de romanceiros medievais, cegos e Lazarillos. Con actuacións de Luis Caruncho e Chus Iglesias, Grupo de zanfonas da Tradescola, Maese Seis Dedos, Grupo Tundal e Carlos do Viso. Na pr. do Cantiño, pr. Maior, pr. de Santa María, pr. Pío XII e pr. do Campo.

13.00 Concerto de Funkombo na pr. do Campo Castelo.

13.30 Sesión Vermú de Wireless na pr. da Soidade.

13.30 Sesión vermú na Rinconada de Miño con Carta de Ajuste.

17.00 Espectáculo familiar “OhLimpiadas” da Cía Sincronacidas na pr. Maior.

18.30 Pasarrúas de Treboada do Baixo Miño.

19.00 Concerto de Casey Driessen na pr. de Campo Castelo.

20.00 Pasarrúas de Xaora polo recinto histórico.

21.00 Concerto de Mastodonte na pr. de Santa María. Teloneiros: Infrarroja (20.00 h).

22.00 Concerto de Los Enemigos na pr. Horta do Seminario. Teloneiros: Trinitá (21.00 h).

22.30 Electronic Lucus Fest: Dj Frisco & Marcos Peón, Manu Chady, Galician Army, Jako Rove e Miguel Palacios pr. da Soidade.

23.00 Verbena coa orquestra D´Moda na pr. Maior.

23.00 Concerto de Montefusco na pr. de Santa María.

00.30 Os Festicultores polo recinto histórico.