Por unha reforma da base da propiedade en Galicia para un mellor densenvolvemento do campo (I)


En Galicia temos un problema de minifundio de todos coñecido, que lastra a nosa economía agroforestal, que sen dúbida, cunha boa estructura de propiedade e ordenación da mesma sería unha fonte de recursos enorme, e que non se pode deslocalizar, e evitaría moitos dos custes aos que se ve obrigada a administración a realizar para a prevención e extinción de incendios, algo que non é asumible por un país coma o noso.

Unha proposta que pode solucionar estes problemas é a concentración parcelaria, pero dun

xeito diferente a como se están acomentendo estes procesos de restructuración da propiedade, dado que prácticamente seguen os mesmos procesos que hai máis de cincuenta anos.

A proposta que se plantexa é unha concentración parcelaria que soamente actúe sobre as parcelas.

Non é necesario facer infraestruturas (pistas e camiños). Hai suficientes, e en todo caso pódense ampliar os trazados dos camiños existentes (pero sen actuar a Consellería de Medio Rural), para posteriormente os concellos afectados a través dos diferentes plans (plan de camiños, fondo de compensación ambiental, plans das deputacións, e plans propios) ir abordando a mellora dos mesmos en función da súa importancia, xa que moitas veces fanse infraestructuras innecesarias, que teñen un custe importante e logo custes de mantemento.

Por outra parte, o impacto medioambiental e paisaxístico evidentemente será menor, xa que

non cambia a fisonomía do territorio. Por outra parte, o Banco de Terras ten que actuar en cada zona de concentración parcelaria coa misión de adquirir os terreos que a xente que os queira vender (dun xeito áxil), e logo ofrecerllos ás explotacións que queiran aumentar a súa dimensión, cuns criterios de reparto xustos para non crear latifundistas. Esto daríalle sentido a tal instrumento, non coma hoxe, que pouco resolve, e facilitaría unha reinvindicación de moitos agricultores e gandeiros

profeisonais que teñen falta de terra para facer viables as súas explotacións.

Non menos importante é o plan de cultivos, xa que a maior partes das zonas de concentración parcelaria non contan con el, ocasionando varios problemas actualmente, especialmente en plantacións forestais. Pode ser un instrumento real e eficaz de ordenación do territorio, e incluso habería que facelo antes da adxudicación das parcelas de reemprazo, para así aqueles

que queiran dedicarse a actividade forestal poidan, se queren pedir as súas parcelas nesas zonas, e tería un custe menor dado que vai parello a todo o proceso de concentración parcelaria, aproveitando moito traballo técnico que se fai neste proceso.

Por outro lado é necesario pensar en que cada propietario teña non máis de tres parcelas, e se é

posible unha. Aínda que isto non ten por que ser unha norma, si debe ser un proceder habitual no proceso concentrador, aplicando sempre o sentido común para casos especiais, que sempre

existen (terreos complexos pola orografía, encharcamento, etc).

Os custes das concentracións parcelarias deste xeito reduciríanse drasticamente, e especialmente adxudicando todo o proceso a unha mesma empresa (xa son as que as executan actualmente pero por partes). Esto faría que se reduciran os custes consi+os técnicos están desde o principio ata o fin, e poden optimizar todos os procesos, co conseguinte aforro económico e de prazos.

Con esta proposta podería reducirse o proceso concentrador a un máximo de catro anos, ainda que en zonas pequenas e medianas podería ser aínda menor (2-3 anos), coas vantaxes que isto conlevaría.

Enxeñeiro técnico agrícola, técnico de Emprego no Concello de Vilalba e vogal do Craega.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Por unha reforma da base da propiedade en Galicia para un mellor densenvolvemento do campo (I)