O Folclore galego maniféstase na Praza Maior

Música, baile, oficios e gastronomía, nunha festa que conmemora o aniversario da creación da asociación Cantigas e Frores


Lugo / La Voz

A praza maior de Lugo converteuse dende esta maña nunha mostra e manifestación de folclore e tradición galega. A Feira do 48, que se iniciou o ano pasado como homenaxe ao 70 aniversario da creación de Cantigas e Frores, encherá durante este fin de semana a praza de artesanía, música, gastronomía, bailes, traxes e instrumentos tradicionais.

O  bo tempo tamén será participe e fará aínda máis apetecible esta interesante proposta que ofrece durante toda a xornada de hoxe e mañá actuacións de gaitas, bailes, e ruadas. Estas corren a cargo das diferentes formacións que forman parte do organigrama de Cántigas e Frores, así como de outras agrupacións invitadas.

Acompañando ás actuacións recollidas no programa, os asistentes poden coñecer os postos de artesanía, oficios e incluso gastronomía que tamén se ofertarán durante o día de mañá na praza principal da cidade. Ata seis stands nos que expoñen cinco dos mellores artesáns de instrumentos e traxes tradicionais galegos: Xaneco Tubío, Miguel Mosquera, Traxandaina, Lis Latas ou Bolboreta Fiandeira; xunto cun stand adicado a Cántigas e Frores.

Adolfo de Abel Vilela, o coñecido historiador lucense, que foi presidente desta asociación do 1983 ao 1995, quixo ser participe da celebración desta efeméride e dedicou á asociación as súas máis agradecidas palabras. O historiador destacou o importante papel que a asociación leva a cabo no campo do folclore galego: «non só pola súa escola de formación na danza e música popular senón tamén pola súa divulgación en varios congresos e actuacións», explicou.

Durante o pregón tamén quixo facer un repaso histórico da cidade de Lugo, centrándose sobre todo na praza onde estaba a ter lugar o evento: «esta praza está ligada co folclore, co baile co canto e coa música do pobo», resaltou o estudoso. Da mesma maneira, o historiador non pasou por alto as principais figuras do folclore lucense, coma Xoán Montes ou Pascual Veiga. Tralo pregón as gaitas de Cantigas e Frores empezaron a soar a ritmo do himno de Galicia, dando inicio ás duas xornadas de festexos.

Para a xornada de maña o programa ten previsto comezar as 11.48 horas cun pasarrúas que virá seguido do Concerto da Banda Sons e Soños de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei. Ás 13.48 horas haberá actuación do Cuarteto de Gaitas de Cántigas e Frores, e pola tarde, ás 18.48, ruada con o Coro Galego de Cántigas e Frores, Grupo de Cantareiras de Cántigas e Frores e Fiandola.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Folclore galego maniféstase na Praza Maior