O Concello retira por prevención depósitos do río Miño na zona da Ponte Romana

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO

CEDIDA

29 ago 2019 . Actualizado a las 19:53 h.

A área de Medio Ambiente que dirixe Álvaro Santos no Concello de Lugo, traballou ininterrompidamente onte, dende primeira hora da maña, en medidas de carácter preventivo para evitar problemas de obstrucións ou inundacións nos próximos meses debido a acumulación de depósitos no río.

A zona de traballo elixida para levar a cabo as tarefas foi a Ponte Romana utilizando a mesma para ubicar un camión grúa ademais dos equipos técnicos necesario e un total de cinco traballadores para proceder da maneira máis eficaz posible con fin de interromper o tránsito da zona o menor número de horas posibles, as labores finalizaron ás 12.00 horas.

Tres árbores

Retiráronse un total tres árbores de considerable magnitude, ademais de ramas e outra vexetación. Esta medida preventiva faise tódolos anos, buscando sempre épocas nas que o río está máis baixo debido a que as labores se levan a cabo de maneira máis sinxela.