Convocado para o vindeiro martes o Pleno sobre as Residencias

LA VOZ LUGO

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

A sesión celebrarase a pouco máis dunha semana da solicitude

13 ago 2019 . Actualizado a las 20:30 h.

O Presidente da Deputación, José Tomé, decidiu convocar para o vindeiro martes, 20 de agosto, ás 11.00 horas, o Pleno extraordinario solicitado o venres pasado polo Partido  Popular sobre a rede de centros de atención a maiores. Deste xeito, a sesión celebrarase pouco máis dunha semana despois do rexistro da petición, o que pon de relevo unha vez máis a axilidade, rigor, total transparencia e respecto institucional co que actúa o Goberno provincial, así como a súa firme vontade de coartar de inmediato calquera intento de manipulación do PP ao respecto da rede de residencias que xere a máis mínima incerteza nos concellos e na veciñanza.

“Fronte ao intento de manipulación do Partido Popular, o Goberno responde con máxima transparencia e información aos Concellos e aos veciños para evitar que os enganen”, subliñou José Tomé.

Como fixo dende o primeiro momento e en virtude do acordo de Goberno acadado entre PSdeG e BNG, o Executivo provincial garante o cumprimento de todos e cada un dos compromisos adquiridos cos Concellos ata a actualidade en materia de construción e posta en marcha de residencias, ao tempo que reafirma que non se formalizará ningún novo. Ao mesmo tempo, intentarase, a través do diálogo e a colaboración institucional, que a comunidade autónoma se faga cargo desta competencia.

O Presidente puxo tamén de relevo que o PP nin sequera lle deu un mes ao equipo de Goberno, dado que tomou posesión o 18 de xullo e o 9 de agosto xa estaba facendo a solicitude dun Pleno extraordinario, ademais sobre “un plantexamento irreal, dado que o Goberno da Deputación nunca fixo as afirmacións que dixo a voceira dos populares, Elena Candia” en relación coas residencias.