Descobren na parroquia de Donís a que podería ser a ponte máis antiga da comarca de Ancares

O Colectivo Patrimonio dos Ancares xa comunicou a súa existencia ao Servizo de Xestión Cultural


cervantes / la voz

Aparece unha antiga ponte sen catalogar nas inmediacións da acea das Pontes, na parroquia de Donís, en Cervantes. O descubrimento é do Colectivo Patrimonio dos Ancares. A ponte está construída en lousa, pola súa tipoloxía é porque é probable, explican dende o colectivo, que esta sexa de orixe romana, con arco de medio punto e plataforma horizontal. O colectivo xa comunicou a existencia da ponte ao Servizo de Xestión Cultural da Consellería de Cultura.

Esta podería ser a ponte máis antiga da comarca dos Ancares. Agora mesmo está totalmente cuberta pola maleza e apenas é visible. O camiño que desemboca nela desapareceu por diversos motivos e para cruzar o río que leva o nome de Pontes utilízase unha pote de formigón.

Por riba da Ponte Romana, entre o río e o rego da Ponte de Bous, explican dende o colectivo, están os restos dun asentamento de pequenas dimensións con medidas de 55 por 35 metros. Coñécese co nome de Pena do Castelo. Na parte alta, as rochas foron cortadas para nivelar o terreo. Outras teñen buratos nos que, previsiblemente, se encaixaron as vigas de madeira dalgunha construción.

A pegada romana en Cervantes

A pegada romana no municipio de Cervantes é a máis importante da comarca dos Ancares. Documéntanse máis de 60 explotacións auríferas, varios asentamentos, epígrafes latinos e ata un campamento temporal.

Tamén por Cervantes discorría a Vía Romana procedente da Veiga de Valcarce, que entraba en Galicia polo Comeal. Este é o único tramo de vía romana catalogado na comarca dos Ancares pola Xunta de Galicia. A calzada entraba en Becerreá polas Pontes de Garín. O camiño foi usado para o paso do gando e das cabalerías. O Colectivo Patrimonio dos Ancares explica que para viaxar de Galicia a León adoitaban levar o gando lanar e caprino, e á inversa o vacún, frecuentado os pasos preto de Poso e Piornedo. Así evitaban a vixilancia que sobre este tráfico exercían as autoridades. Preto da Ponte Romana e da Pena do Castelo está a Acea das Pontes, que é empregada polos veciños de Donís para moer o gran.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
15 votos
Comentarios

Descobren na parroquia de Donís a que podería ser a ponte máis antiga da comarca de Ancares