A Feira do Cabalo da Ulloa repartirá 2.030 euros en premios o domingo

gloria g. vivero / m.c. LUGO / LA VOZ

LUGO

Cedida

O certame celebrarase en Vilar de Donas

07 ago 2019 . Actualizado a las 21:17 h.

Un ano máis Vilar de Donas acolle a celebración da Feira do Cabalo Comarca da Ulloa, que transcorrera a xornada do domingo. Un evento consolidado no tempo, que mestura tradición, afección, deporte e competición na área do hipódromo de Vilar de Donas, no que se xuntan exemplares equinos de diversas procedencias e razas.

O evento foi presentado polo alcalde do Concello de Palas, Pablo Taboada e o Presidente da Asociación A Capela de Vilar de Donas, Raúl López, colaboradora no evento.

O recinto feiral abrirá as 10.00 horas e dende as 11.00 horas ata as 19.00 horas haberá diferentes probas de andadura, trote e carreiras de cabalos. As 18.45 celebrarase a tradicional carreira de burros e a proba de estampa e beleza dos animais. Un total de 2.030 euros serán repartidos en premios, ademais dos respectivos trofeos, que se outorgarán aos gañadores das distintas modalidades ás 20.00 horas.