Dulce Pontes actuará no domingo das mozas

M.D.C LUGO / LA VOZ

LUGO

cedida

O anunciou esta mañá a responsable de Cultura do Concello de Lugo, a nacionalista Maite Ferreiro

07 ago 2019 . Actualizado a las 14:00 h.

Dulce Pontes actuará no domingo das mozas, o día grande do San Froilán. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou hoxe en Xunta de Goberno que o 6 de outubro «será o día adicado, de xeito especial, ás mulleres, por iso todas as actuación serán de mulleres ou de grupos formados por mulleres», anunciou Maite Ferreiro, e engadiu «a cantante Dulce Pontes será a encargada de pechar este día coa súa actuación na Praza do Seminario».

A cantante portuguesa Dulce Pontes, quen xa estivo no San Froilán no ano 2004, naceu en Montijo (Portugal) no 1969 é gañadora do Festival Nacional da Canción de Portugal do 1991, é coñecida internacionalmente como unha das mellores artistas da música portuguesa. Durante este ano celebra o 30 aniversario do inicio da súa carreira. Os seus traballos contribuíron ao renacemento do fado nos anos 90 e actualmente conta con 10 álbums publicados, ademais de numerosas colaboracións con outros artistas.

«Nesta edición da grande festa do outono galego, a música tradicional será protagonista» indicou Maite Ferreiro. «As agrupacións de música tradicional contarán tamén, durante estas festas, con espazos propios na programación».