Os veciños da Milagrosa reclaman o novo plan de tráfico

Ana L. Cillero / M.C. LUGO / LA VOZ

LUGO

OSCAR CELA

Ás reformas xa coñecidas, eles propoñen un cambio de dirección da Rúa Río Navia

22 jul 2019 . Actualizado a las 16:28 h.

A Asociación de Veciños da Milagrosa solicítalle ao Concello que poña en marcha canto antes o programado novo plan de tráfico na Milagrosa, «redactado xa hai tempo», sinalan, a partir da peonalización da Praza da Milagrosa. Aos cambios xa coñecidos, cuxo obxectivo está en facilitar unha circulación máis fluída e sen atascos, os habitantes desta zona propoñen engadir «o cambio de dirección da Rúa Río Navia, entre Río Ser e Valle Inclán», debido a que entenden que facilitaría o tránsito na zona. 

área de rehabilitación urbana

Ademais desta solicitude, tamén insisten na apertura da Área de Rehabilitación Urbana, moi demandada polos colectivo veciñais da zona. Así mesmo, queren a «posta en marcha dos aparcadoiros disuasorios, xa rematados, pendentes soamente das sinalizacións correspondentes».