O BNG pide á Xunta a rehabilitación do barrio da Tinería

Ana L. Cillero / M.C. LUGO / LA VOZ

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

Dende o partido consideran que este proxecto pode traer turismo a Lugo

22 jul 2019 . Actualizado a las 17:02 h.

O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, e a deputada do Parlamento de Galicia, Olalla Rodil, xunto aos concelleiros do BNG en Lugo, visitaron o barrio da Tinería, onde demandaron máis atención para a rehabilitación do Pazo de Dona Urraca, ademais das escavacións arqueolóxicas da Unidade de Interveción UI-7, onde se atoparon fornos.

Rubén Arroxo indicou que «estas escavacións poderíanse converter nun centro de investigación e nun polo de atracción de visitantes para a cidade». Pola súa banda, Olalla Rodil incidiu en que «é un proxecto político serio, que se pode converter nun motor económico para a cidade», malia que «dende que Feijoo chegou á Xunta hai 10 anos, hai unha falta de compromiso do goberno do PP na Xunta con Lugo».

Dende o BNG sinalan que seguiran traballando para recuperar o proxecto iniciado o bipartito.