Ambiente peregrino en Triacastela

María Guntín
María M. Guntín SARRIA / LA VOZ

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

O municipio celebrou a súa primeira Festa do Peregrino nunha xornada de música, teatro e mercado

20 jul 2019 . Actualizado a las 20:51 h.

Os veciños, os peregrinos e as rúas de Triacastela viviron a primeira Festa do Peregrino que se celebra no municipio e que estivo marcada polos postos de artesanía, o teatro, as gaitas e os talleres.

Pola mañá, máis de 70 peregrinos pasaran pola rúa Camilo José Cela para ver os postos de artesanía e cubrir a enquisa de satisfacción da festa, ademais de para selar a súa credencial do Camiño de Santiago. Entre eles, un grupo de catro peregrinos coreanos uniformados ca camiseta oficial da primeira Festa do Peregrino. Durante a mañá, dende o Concello informaron de que repartiron un total de 500, polo que a mediodía xa estaban esgotadas.

ALBERTO LÓPEZ

«A idea xurdiu porque en Triacastela tiñamos unha conta pendente co espírito xacobeo. Somos unha vila referente no Camiño Francés», explica a alcaldesa do municipio, Olga Iglesias.

Teatro e música

O Grupo Lila Teatro protagonizou algúns dos momentos máis divertidos da xornada, caracterizando a personaxes como o fundador do municipio, Alfonso IX. En total, realizáronse tres representacións ao longo do día. Os Gaiteiros de Goián tamén animaron o día enchendo de música todas as rúas de Triacastela.

Os postos, situados na rúa Camilo José Cela, ofrecían na súa maioría produtos da zona. Dende La abuela Delfina Embutidos recalcaban que os seus chourizos son artesáns e non levan conservantes nin colorantes artificiais, ao igual que os salchichóns.

ALBERTO LÓPEZ

As Cachenas de San Breixo son de Triacastela e véndense en lotes a particulares, empaquetados individualmente. O mel do municipio tamén chegou á primeira Festa do Peregrino e divídese en dúas variedades, a das flores de outono e as de primavera. A explotación dos comerciantes deste posto teñen 270 colmeas e levan oito anos vendendo a súa mel.

Na festa tamén estivo presente María Otero con cestas, manualidades e bordados; Pequeno Tres Pesos con tallas, ebanistería, restauración e artesanía e aceite de oliva Aceiroga cun produto de Quiroga.

Momento de concienciar

Durante a tarde da primeira Festa do Peregrino de Triacastela un posto sobre reciclaxe intentou concienciar a veciños e peregrinos da importancia que ten levar a cabo unha correcta separación dos envases. Así, Cristina Cabana, da man de Ecoembes, foi unha das responsables de lembrar á xente o necesario que é coidar o medio ambiente. «Imos polas distintas feiras e festas, e temos unha aplicación que se chama Separar con xeito e que permite localizarnos», explica Cristina.