París de Noia e Combo Dominicano no San Ramón de Vilalba

Ana L. Cillero / M.C. VILALBA / LA VOZ

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

Comezan o 21 de agosto coa Xira da 3ª Idade e rematan o 8 de setembro

19 jul 2019 . Actualizado a las 08:24 h.

As festas patronais do San Ramón e Santa María en Vilalba xa contan co cartel definitivo. Os pratos fortes son a actuación da París de Noia o día 30 de agosto e a do Combo Dominicano o día 5 de setembro. A comisión de festas é a mesma que a do ano anterior, integrada por Charo Carreira e Manuel Prado e seguirán a tónica habitual.

O programa arranca o día 21 de agosto coa festa dos maiores, máis coñecida como Xira da 3ª idade, onde actuarán Dúo Eclipse e Acirema. Ese mesmo fin de semana ten lugar a Xira, onde os máis novos desfrutarán dunha xornada amenizada por Fin de Siglo e Brujas o sábado 24 e Noche de Estrellas o domingo 25. 

A finais da semana seguinte, o xoves 29, celébrase a Festa da Bici, marcada no calendario polos máis pequenos e que fará este ano 26 edicións. A verbena correrá a cargo da Sintonía de Sancovade e ao día seguinte do Dúo Estrellas e París de Noia. O día 30 tamén se celebrará o XLIV Certame Literario.

Os días de San Ramón e Santa María poñerán a música Marbella e La Oca Band e Los Satélites e Miramar. O xoves 5 de setembro é o turno do Combo Dominicano que estará acompañado pola orquesta Claxxon. Vilalba volverá aos 90's e 00's o sábado 7, onde tamén actuará a orquesta Principal. As festas pecharán o domingo 8, día de feira, a cargo de Pontevedra e New York. 

Ao longo da semana tamén haberá actividades infantís para os nenos.