O PP de Lugo esíxelle a Lara Méndez facer a rotonda en Alfonso X

A cesión dos terreos xa se realizou en novembro de 2016

M.C.
Lugo / La Voz

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Ramón Carballo, afirmou que lle esixen a alcaldesa, Lara Méndez, que «deixe de torpedear a rotonda de Alfonso X e ceda inmediatamente os terreos necesarios para a súa construción».

Dende a mesma agrupación comentan que o Ministerio de Fomento xa leva varios anos traballando no proxecto para mellorar ese cruce, que o consideran «un dos puntos negros de Lugo». Vese como «unha dotación moi necesaria para Lugo» e o propio Ramón Carballo non comprende «qué motivos pode ter Lara Méndez para frear a construción dunha obra moi importante para Lugo e os lucenses, xa que mellorará a seguridade viaria notablemente».

O Ministerio de Fomento solicitou a cesión dos terreos en novembro de 2016 ao Concello e á Deputación e dende entón, tan só o goberno provincial cumpriu coa petición.

No Congreso, ante esta situación, explican que Fomento segue instando a Lara Méndez, a que poña os terreos a disposición para poder iniciar o proxecto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O PP de Lugo esíxelle a Lara Méndez facer a rotonda en Alfonso X