Outeiro recupera este sábado o espírito da romaría de Santa Isabel

O Convivio da Cultura Galega xirará arredor da figura de Manuel María


Sábado 13 • Outeiro de Rei • 

Outeiro de Rei recuperará este sábado o espírito da tradicional romaría de Santa Isabel, con foliadas, merendiñas... tendo a figura de Manuel María como punto de encontro e alicerce da dinamización do movemento cultural galego.

A cita, lúdica, cultural, festiva e de convivencia, leva por título Convivio da Cultura Galega, que chega este ano á súa sexta edición e que está aberta a todo o mundo. Da organización encárgase a Casa-Museo Manuel María e a Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura.

O programa de actividades é o seguinte:

· 11.30h. Acollida na horta da Casa-Museo Manuel María co coro da Asociación Cultural e Musical Solfa

· 12.15h. Encontro de entidades da Federación Galiza Cultura no auditorio da Casa-Museo

· 12.30h. Ofrenda floral a Manuel María no cemiterio de Outeiro. Intervirá Felipe Senén, arqueólogo e divulgador cultural

· 13.00h. Concerto da Banda Municipal de Música Sons e Soños de Rábade-Begonte-Outeiro, dirixida por Armando Morales, na carballeira de Santa Isabel

· 14.00h. Xantar (cadaquén leva a súa comida)

· 17.00h. Foliada para cantar e bailar, dinamizada pola actriz Isabel Risco. Participarán distintos grupos de música tradicional: As Pandeireteiras de Filseira, Cantareir@s.comTIGO, Reviravolta, Parabéns, Os da Tribo, Coitelo de Pau e Birloque Gaiteiros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Outeiro recupera este sábado o espírito da romaría de Santa Isabel