Antonio Gato repite, catro anos despois, como alcalde de Monterroso

O cabeza de lista do PSOE atopábase entre o público pero non chegou a tomar posesión da acta


Monterroso / La Voz

Antonio Gato volve ser alcalde de Monterroso, catro anos despois. Desta volta faino liderando unha candidatura independente, en vez de ao PSOE, ao que representou durante 16 anos. O rexedor obtivo o respaldo dos catro concelleiros do seu grupo. O cabeza de lista do PSOE, Rafael García Figueroa, atopábase no salón de plenos, pero non tomou posesión da súa acta e os socialistas non chegaron a someter ao seu candidato á votación para alcalde. Catro votos foron para Gato, tres para o PP e un para o candidato de Compromiso por Galicia.

Gato, que ao final estaba visiblemente emocionado, comprometeuse a gobernar con diálogo. Falou de tempos novos nunha corporación moi fragmentada. Comprometeuse a moito dialogo e asegurou ante un salón de plenos ateigado de veciños, que non se actuará sen previamente considerar as decisións cos demais partidos.

Gato desgranou os eixos sobre os que xirará o seu mandato: disciplina no gasto, disciplina no traballo e compromiso de que todo se traslade á cidadanía.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Antonio Gato repite, catro anos despois, como alcalde de Monterroso