O BNG de Láncara denuncia a subida das dietas do goberno do PSOE

Ana L. Cillero / M.C LUGO / LA VOZ

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

Coa maioría absoluta conseguida, o mandato dos socialistas terá un custo de 182.000 euros

03 jul 2019 . Actualizado a las 18:24 h.

Despois da celebración do Pleno de Organización do novo goberno de Láncara, de maioría absoluta do PSOE, o BNG denunciou que «saímos cunha corporación moito máis cara que a que tiñamos».

No mandato anterior, o PSOE gobernaba con maioría simple e o Bloque dende a oposición esixiulles a reducción das dietas e a contención do salario do alcalde, e segundo a formación, se non fose así non se poderían gastar máis de 60.000€ nos veciños.

No rexemento actual, co que se aprobou no Pleno e segundo denuncia o BNG, o alcade subiuse  o soldo un 36% e o 100% das indemnizacións, co cal Láncara non invertiría nos seus veciños 15.250 euros ao ano e, en total, a cifra chegaría aos 61.000 euros ao final do mandato. 

O Bloque realizou unha comparativa para xustificar canto vai custar a nova corporación: en dedicacións de 23.500 euros pasarán a 32.000; en xuntas de goberno local de 3.600 euros a 7.200; en comisións de contas de 150 euros a 300 e en plenos, de 3.000 a 6.000. O custo do mandato, segundo estas contas, pasaría dun total de 121.000 euros a 182.000 .

Dende o grupo político denunciante inciden en que serán cartos que non se van «revertir nos veciños» e que na política son precisos «os actos, non os cartos».