Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega: «A muller multiplica o seu esforzo, pero non manda na casa»

Félix Jorquera / L.L.

LUGO

BASILIO BELLO

O Ateneo Galeguista organiza esta tarde na Biblioteca Nodal a xornada «A contribución das mulleres á cultura galega»

27 jun 2019 . Actualizado a las 11:40 h.

O Ateneo Galeguista organiza a xornada A contribución das mulleres á cultura galega, que terá lugar hoxe ás 19.00 horas na Biblioteca Nodal de Lugo. Participarán Marilar Jiménez Aleixandre, tesoureira da Real Academia Galega; Pilar García Negro, política, escritora, sociolingüista e profesora; e Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega. Álvarez foi a primeira muller en presidir este consello.

-En que punto do percorrido estamos?

-Estas xornadas poñen o acento sobre a necesidade de coñecer a realidade. Estamos nun punto do proceso ilusionante porque se está revisando o presente e o pasado e rescatando do esquecemento mulleres que deberían estar gravadas con letras de ouro na nosa historia.

-É un falso mito que Galicia é unha sociedad matriarcal?

-Si, claro. É moi importante o traballo da muller na casa, no coidado dos maiores, fillos e netos, na empresa familiar..., así que a muller multiplícase no seu esforzo por optimizar os recursos que ten a unidade familiar, pero non é ela quen manda na casa.