A provincia prepárase con festas para a noite máxica

LUGO

Esmorgadirt en Sarria
Esmorgadirt en Sarria CARLOS CASTRO

Actos de San Xoán para o sábado 22

21 jun 2019 . Actualizado a las 12:38 h.

Sábado 22 • Sarria, Guitiriz, Becerreá, Vilalba, Abadín, Castro de Rei, Viveiro, Balboa, Lugo... • 

A provincia prepárase para a noite máis máxica do ano, a do San Xoán, con festas por toda a xeografía lucense, nas que non faltarán a música, os obradoiros, espectáculos variados e gastronomía. Estes son algúns dos actos programados para a xornada de hoxe:

SARRIA

· 10.00h. X Torneo Internacional de Fútbol de Veteranos Vila de Sarria no Estadio Municipal de Ribela.

· 12.00h. Esmorga Dirt na Praza da Vila: parques de Skate e Parkour para impartir obradoiros, mostra de produtos locais para xantar ou degustar, sesión vermú con varios grupos de rock, exhibición de Flatlance BMX, concurso de saltos e best trick, espectáculo do campión do mundo de beatbox, Grison Beatbox, e concertos nocturnos de Dios Ke te Crew e Novedades Carmiña.

· 19.00h. Baixada dende o Cárcere das Pampónigas, gaiteiros e danzantes de Peleriños.

· 22.00h. Cea Americana na Sociedad Recreativa La Unión, co grupo Tania Veiras.

· 23.00h. Verbena con D`moda e Salsarena. Calvo Sotelo

GUITIRIZ

· Sesión vermú e verbena coa orquestra Nevada

BECERREÁ

· 16.30h. Campo de fútbol municipal. II Trofeo Mascoguau Open Agility

VILALBA

· 23.30h. Concerto de Malditos Pendejos, con versións rock dos anos 80. Organiza a Asociación Cultural de Veciños do Campo San Xoán

· En Árbol: misa solemne (13.30h); procesión con Cerna de Árbol; sesión vermú co grupo Tribal; xantar popular; xogos tradicionais pola tarde; sorteos á noite; e verbena con Tribal.

ABADIN

· Festas en Villarente: misa solemne (13.30h); procesión e sesión vermú coa orquestra Estrellamar; e verbena con Estrellamar e Gran Parada.

CASTRO DE REI

· Festas en Castro de Ribeiras de Lea: procesión (13.30h) e sesión vermú coa orquestra Brujas; e verbena con Brujas e Emperadores.

VIVEIRO

· Festas de San Xoán, en Covas: sesión vermú co grupo Arizona (14.00h); e verbena con Arizona, Chocolate e Disco Móvil.

BALBOA (EL BIERZO)

· Noche Mágica en Balboa: obradoiro de pandeireta con Sergio López (10.00h); charla «Un percorrido pola historia da zanfona», a cargo de Bieito Romero, de Luar na Lubre (13.00h); obradoiro de iniciación ao baile tradicional, con Xabier Iglesias, de OXeito, de Lugo (17.00h); música e baile con Abelladeira de Ponferrada, Son do Xeito de Lugo e Os Xardois de Cervantes. Pola noite, ao lado do castelo medieval, Dequevessendo, de A Coruña; Cecina de León e O segundo carballo da esquerda, de Santiago de Compostela.

LUGO

· A Asociación Cultural Os Xílgaros de Lugo organiza una Festa de San Xoán na Parrillada La Campiña, a partir das 17.00 horas.