Aberta a inscrición para as actividades Verán nos centros

Hai dispoñibles entre 12 e 25 prazas por quincena (xullo e agosto), en función do centro, dirixidas a nenas e nenos de entre 3 e 11 anos


Hoxe luns, 10 de xuño, o Concello abre o prazo de inscrición para as actividades infantís de Verán nos Centros de Convivencia. A inscrición debe facerse ata o mércores, 13 de xuño, no propio centro no que se queira realizar a actividade, agás no centro da Milagrosa, no que tamén se cursarán as inscricións correspondentes ao María Balteira. Hai dispoñibles entre 12 e 25 prazas por quincena (xullo e agosto), en función do centro. Terán preferencia persoas derivadas polos Servizos Sociais do Concello. A adxudicación de prazas realizarase mediante un sorteo, que terá lugar o día 14 de xuño.

A programación, coa que a entidade local trata de ofrecer alternativas lúdicas e de lecer saudable, ao tempo que se axuda á conciliación da vida familiar e laboral dos e das luguesas; inclúe diferentes xogos e propostas lúdico-educativas para nenas e nenos de entre 3 e 11 anos, nos centros de convivencia Uxío Novoneyra, Fingoi, María Balteira, Lamas de Prado, Milagrosa e Maruja Mallo; que poden trasladarse ao exterior, tales como xogos cooperativos, traballos manuais, psicomotricidade, educacación ambiental e xogos musicais, entre outros.

Outra programación

Para este verán, o Concello ten outra programación de animación sociocultural organizada. Concretamente, no aire libre, e dirixida a toda a poboación, ofrece diversas actividades física, que terán lugar os luns e mércores, no Parque de Rosalía de Castro, e os martes e xoves na Praza de Augas Férreas, das 11.00 ás 12.00 horas. Para estas alternativas gratuítas, non é precisa inscrición previa.

Por segundo ano consecutivo, a programación inclúe un obradoiro de reparación de bicicletas, que acollerá o Mercado Municipal os martes do mes de xullo, das 17:00 ás 18:30 horas. Tampouco é precisa inscrición.

Excursións á praia

No que se refire ás excursión de verán, o Concello organiza 4 saídas a Muros, Burela,Tapia de Casariego e Sada, os días 17 de xullo, 31 de xullo, 7 de agosto e 21 de agostos, respectivamente. As persoas interesadas poden inscribirse entre os días 24 e o 28 de xuño, en horario de 10:00 a 13:00 horas no centro de convivencia de Lamas de Prado. A saída para estas viaxes será ás 09:00 horas, dende a Praza de Bretaña, e o regreso ás 21:00 horas nese mesmo punto. O prezo a aboar mantense un verán máis, 4,12 euros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Aberta a inscrición para as actividades Verán nos centros