Os gandeiros agardan lograr consenso ca Consellería para novas medidas

María Guntín
María M. Guntín LUGO / LA VOZ

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes reuniuse con Medio Rural para falar dos problemas actuais no agro

11 jun 2019 . Actualizado a las 20:24 h.

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) mantivo unha reunión exploratoria ca Consellería de Medio Rural, entidade dependente da Xunta de Galicia, co fin de aplicar novas medidas para o beneficio do sector agrario galego.

No encontro, os representantes das dúas entidades falaron dos problemas actuais do rural. Entre eles, o mantemento de 50 metros limpos arredor das aldeas por seguridade, tal e como esixe a lei. Unha cifra, segundo os gandeiros, insignificante para a superficie de pastoreo xa que, en moitos casos, hai hortos.

Non se chegou a falar en profundidade das 225.000 hectáreas que, segundo a Consellería, se transformarán a pastos nos próximos dez anos, tamén aplicados en materia de prevención do lume. «É unha cifra irrealista nun contexto descoñecedor da realidad no rural», conta o presidente da SGPF, Joan Alibés. Os gandeiros, transmite, están agardando para ver de que xeito o xestionan dende a Consellería.

Sobre os problemas de convivencia cos animais salvaxes, explica Alibés, a Consellería respostou que é algo que non lles incumbe e resposabilizan á de Medio Ambiente. Sin embargo, as medidas do Programa de Desarrollo Rural da Comisión Europea dependen directamente de Medio Rural.

As subvencións

«Si queremos mobilizar terras abandonadas, a Consellería ten que cambiar certas cousas. Agora, no mellor dos casos, subvencionan o 30% do custo das hectáreas de monte a transformar. E póñeno eles, pero na realidade, é moito maior. No mellor dos casos, pode estar en 1.500 euros a hectárea. Eles consideran que está en 810, e de aí, aportan o 30%», explica Alibés.

As incorporacións son outro dos problemas que defenden dende a SGPF, algo que se debe traballar, segundo din, dende a nova PAC. «Só se está a plantexar a continuidade de gandeiros que teñen familia no sector, e na nova PAC debe aparecer o tema das incorporacións ó rural», explica Alibés.

A SGPF asiste habitualmente aos diálogos cidadáns por sectores que se celebran cada tres meses na Comisión Europea. «A realidade de alí non se traslada aquí», sentencia Joan Alibés.