A Semana do Medio Ambiente informa do cambio climático cun planetario inchable

LUGO

O CEIP de Casás acolleu o pasado curso un planetario inchable
O CEIP de Casás acolleu o pasado curso un planetario inchable Carlos Castro

03 jun 2019 . Actualizado a las 10:05 h.

Do 1 ao 8 de xuño • Información e inscricións: www.deputacionlugo.gal • 

O vicepresidente da Deputación e deputado de Medio Ambiente en funcións, Argelio Fernández Queipo, presentou a programación da Semana do Medio Ambiente, que inclúe un planetario inchable para concienciar sobre o cambio climático:

Luns 3, martes 4 e xoves 6:

· 17.00-20.00 horas. Planetario coa proxección dun documental sobre Cambio Climático, con pases cada hora no pavillón 4 do Centrad.

Martes 4:

· 10.30-13.00 horas. Conferencia: «Especies invasoras na Terra Chá: Inventario, alerta temperá e propostas de erradicación», no Centro de interpretación das Terras do Miño.

Mércores 5:

· 20.00 horas. Teatro a cargo da Asociación Pinchacarneiros, «Unha Noite de Esmorga», no Salón de Actos

· 20.00 horas. Conferencia «Protección E Coidado Do Medio Ambiente (concienciación, vertidos, conservación de espazos naturais)» no Salón de Actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei.

Sábado 8:

· 10.00-14.00 horas. Obradoiro «Libeliñas da reserva da Biosfera Terras do Miño», no Centro de Interpretación das Terras do Miño.