Muimenta recupera un anaco da historia a través dos xogos

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO

Óscar Cela

Celebrou a undécima edición da súa festa dos xogos tradicionais

02 jun 2019 . Actualizado a las 20:09 h.

Muimenta recuperou un anaco de historia a través dos xogos. Onte celebrou a undécima edición da Festa dos xogos tradicionais, impulsada por Xotramu e celebrada no campo da Igrexa vella. Xente de todas as idades participou na iniciativa. 

Competición de bolos, de billarda ou obradoiros de enredos feitos con materiais naturais foron algunhas das actividades que incluíu a Festa dos xogos tradicionais de Muimenta. Ademais, houbo unha exposición de fotografías de fauna chairega obra de Manuel Sanmartín e cedidas por Iescha, postos de artesanía e puntos de venda.