A DXT inicia campaña de sensibilización de colectivos vulnerables

M.D.C LUGO / LA VOZ

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

Motoristas, peóns e ciclistas son os protagonistas desta nova campaña de Tráfico

19 may 2019 . Actualizado a las 14:35 h.

A Xefatura Provincial de Tráfico e o Subsector de Tráfico da Garda Civil porán en marcha mañá, luns, nas estradas lucenses, unha campaña de sensibilización dirixida a mellorar a protección dos usuarios vulnerables. Esta campaña vaise centrar na seguridade dos peóns, ciclistas e motoristas,  os usuarios máis vulnerables das estradas.

A campaña ten por obxecto fomentar a seguridade de tres colectivos que na provincia de Lugo, durante 2017 e 2018, representaron máis do 45% dos feridos graves en accidentes de circulación.

Esta nova campaña levarase a cabo dende mañá, día 20, ata o xoves, día 24 de maio. A iniciativa enmárcase na Estratexia de Seguridade Viaria 2011-2020, que se fixou como unha das súas prioridades a protección dos usuarios máis vulnerables, co fin de dar resposta a un dos fosos de accidentalidade identificados.

Búscase sensibilizar aos demais usuarios e a necesidade de manter o nivel de alerta constante ante a súa presenza na vía, polo que deberán:

  • reducir ou moderar a velocidade
  • prestar especial atención en cruces e xiros
  • mirar polos espellos retrovisores para confirmar a posible presenza de ciclistas/motoristas
  • usar os intermitentes con antelación suficiente para sinalizar as manobras
  • respectar a distancia lateral de polo menos 1,5 metros ao adiantar a un ciclista ou peón
  • e manter sempre un espírito de cortesía e colaboración para fomentar comportamentos e contornos seguros así como favorecer a mobilidade de todos