As anpas galegas buscan que as políticas educaticas non se esquezan do rural

Promoven para este sábado unhas xornadas en Muras onde haberá debates e conferencias con expertos e presidentes de asociacións de pais e nais


As anpas galegas van a celebrar este sábado en Muras a súas segundas xornadas coa fin de concienciar ás administracións das necesidades educativas que teñen os municipios rurais galegos, e en especial os da montaña. A conferencia inaugural, ás dez e media,será a cargo do catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade da Coruña Jurjo Torres, quen falará sobre «O mundo rural e as políticas educativas que o ignoran». Logo dunha pausa, haberá unha mesa redonda ás 12.15 horas sobre experiencias de anpas rurais. Intervirán presidentes de asociacións de Portomarín, Muras, Monterroso, Ponteareas e Nois, moderada pola secretaria da Fapacel, Isabel Calvete.

Xa pola tarde, outra mesa redonda, ás catro, será sobre criterios pedagóxicos da escola rural, a cargo de varios profesores. E ás seis da tarde, outro debate sobre desenvolvemento rural, con expertos en desenvolvemento agrario.

As xornadas contan co apoio do Concello de Muras, cuxo alcalde, Manuel Requeijo, e o presidente das anpas galegas, serán os encargados da inauguración.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

As anpas galegas buscan que as políticas educaticas non se esquezan do rural