De Olano e Barreiro defenden que co PP «gaña Lugo e Galicia»

Mitin central do PP en Lugo coa presenza de Feijoo


lugo / la voz

Os candidatos lucenses do Partido Popular ao Congreso e ao Senado, Jaime de Olano e José Manuel Barreiro, reivindicaron que «os feitos demostran que cando gaña o Partido Popular, gaña Lugo e Galicia», durante a celebración dun mitin na cidade amurallada ao que asistiu tamén Alberto Núñez Feijoo. O presidente do PP galego sinalou durante a súa intervención que «Galicia necesita un presidente de España que nos teña en conta».

Tanto Olano como Barreiro subliñaron que «o PP ten que gañar porque é a única alternativa para que Galicia e Lugo conten na folla de ruta do próximo goberno». Incidiron así mesmo, en que «xogámonos moito. Están no aire a estabilidade económica e territorial do noso país, a creación de emprego fronte ao paro, o mantemento das pensións fronte á súa quebra, en definitiva, a recesión fronte ao avance». E defenderon que o PP é a única vía para parar a Pedro Sánchez.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

De Olano e Barreiro defenden que co PP «gaña Lugo e Galicia»