O BNG lembra a necesidade de políticas de emprego para evitar a emigración dos mozos

La Voz

LUGO

OSCAR CELA

A candidata do Bloque por Lugo, Maite Ferreiro, sinala que a creación dunha tarifa eléctrica galega axudaría á creación de empresas e de empregos

16 abr 2019 . Actualizado a las 19:52 h.

A candidata do BNG ao congreso, Maite Ferreiro, manifestou  diante da oficiña de emprego de Augas Férreas «a necesidade de poñer en marcha políticas de emprego para que a mocidade non teña que emigrar». Maite Ferreiro lembrou  que «no BNG temos propostas concretas para que novas empresas se poidan asentar e se manteñan as existentes» e puxo como exemplo «é preciso contar cunha tarifa eléctrica galega, necesitamos proxectos como o do banco de terras para reactivar o rural, e apostar por industrias transformadoras das producións primarias do país». 

Ferreiro defendeu a presenza política do BNG en Madrid «para frear a sangría demográfica», asegurou Ferreiro en declaracións feitas diante da oficina de emprego da rúa Campos Novos de Lugo, onde estivo acompañada da parlamentaria Olalla Rodil, do candidato á alcaldía, Rubén Arroxo, e integrantes das candidaturas do BNG. Maite Ferreiro afirmou «hai que repensar o funcionamento dos servizos públicos de emprego por que non están a dar solucións reais e sinalou “para moitas persoas que están en situación de desemprego non é útil este servizo tal e como está pensado na actualidade, tampouco para algunhas empresas que buscan persoas para traballar».