Vítor Rei será o candidato do BNG á alcaldía de Vilalba

La Voz

LUGO

Constantino Alvite e Carme Pernas irán nos postos de saída xunto a Rei

10 abr 2019 . Actualizado a las 18:09 h.

O BNG presentou ao candidato á alcaldía no Concello de Vilalba, Vítor Rei, que estará acompañado no primeiro tramo por Constantino Alvite e Carme Pernas. Segundo Rei «faremos unha candidatura para gobernar en Vilalba, formada por persoas de recoñecida solvencia e integridade» e engadiu que «estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, con proxecto para Vilalba e para Galiza e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso», dixo Rei, que substitúe como cabeza de lista o ata de agora voceiro, Félix Jorquera.

Dende o BNG cualificouse como «desgastado e sen proxecto» ao actual equipo de goberno. Incorporarán una candidatura na que se mesturarán persoas con activismo en diversos ámbitos.

O candidato sostivo nacionalista sostivo que «a presenza do BNG na corporación foi fundamental neste mandato para garantir o mantemento de moitos servizos públicos».