Un concerto coral inaugura a Semana Santa lucense

LUGO

Concerto do Orfeón Lucense
Concerto do Orfeón Lucense ALBERTO LÓPEZ

A cita foi declarada Festa de Interese Turístico Galego

09 abr 2019 . Actualizado a las 08:41 h.

Un concerto coral inaugura a programación da Semana Santa da cidade, que foi declarada recentemente Festa de Interese Turístico Galego. Haberá música, procesións e misas, ademais de novidades, como a representación do Auto da Paixón a cargo das parroquias de Antas e San Miguel de Esporiz.

Martes 9. V CONCERTO CORAL DE SEMANA SANTA, 20.30h, Igrexa de Santiago A Nova

· Coro de Nenos da parroquia de Santiago A Nova. Dirección: M. I. Rvdo. D. Luis Varela Castiñeira

· Orfeón Xoán Montes. Dirección: Elisabet Filgueira Gesteira

Mércores 10. PREGÓN SEMANA SANTA, 20.00h no Salón Rexio do Círculo das Artes

· Pregón de Federico Fernández de Buján: Catedrático de Dereito Romano da Universidade de Las Palmas no 1994 e da UNED desde o 2000; Académico de número, electo, da Real Academia de Doutores de España; Vicepresidente da Sección Dereito Romano da Real Academia Jurisprudencia Legislación, RAJL, e Vicepresidente da Sección de Dereito Iberoamericano da RAJL e da Real e Pontificia Congregación da Purísima da RAJL; e Académico correspondente Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación.

· Actuación do Orfeón Lucense. Dirección: Marcos Fernández Mosquera Organista: M. I. Rvdo. D. Luis Varela Castiñeira

Venres 12

· Solemne Vía Crucis, 20.30h na Praza Pío XII e S. I. Catedral Basílica de Lugo. Preside Mons. Alfonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo. Sairá en procesión o paso do Cristo da Misericordia venerado na igrexa de Santiago A Nova, que será portado a ombreiros de corenta mulleres.

· Auto da Paixón de Noso Señor Xesucristo. Representación: Parroquias de Antas de Ulla e San Miguel de Esporiz. Monterroso

Domingo 14. DOMINGO DE RAMOS

· Bendición de Ramos co bispo, Alfonso Carrasco, e procesión da entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén, 11.30h, desde a Praza de Santa María

· Procesión da Virxe das Dolores, 19.00h, desde o Convento dos Franciscanos

Luns 15. LUNS SANTO

· Procesión da Virxe da Esperanza, 20.30h, desde a Igrexa da Nova

Martes 16. MARTES SANTO

· Procesión do Bo Xesús e do Nazareno, 20.30h, desde a Catedral. O exército de Terra acompaña e entoa un cántico

Mércores 17. MÉRCORES SANTO

· Misa Crismal na Catedral, 11.00h, presidida polo bispo, Alfonso Carrasco

· Procesión do Cristo do Perdón e da Virxe da Piedade, e Vía Crucis Penitencial, 20.30h, desde a Catedral

Xoves 18. XOVES SANTO

· Eucaristía da Santa Cea na Catedral, 18.00h, presidida polo bispo, Alfonso Carrasco

· Procesión da Santa Cea, ás 19.30h, desde a Catedral

Venres 19. VENRES SANTO

· Sermón das Sete Palabras, ás 12.00h, na Catedral, acompañado polo grupo vocal Solo Voces

· Paixón do Señor, ás 18.00h, na Catedral, presidida polo bispo, Alfonso Carrasco

· Desencravo do Señor, ás 18.30h, na igrexa conventual dos PP Franciscanos

· Procesión do Santo Enterro, ás 20.00h, desde a Praza da Soidade

· Procesión da Virxe da Soidade «As caladiñas», 23.00h

Sábado 20. SÁBADO SANTO

· Penitencial da Virxe da Piedade, Santo Rosario e Vía Crucis, 8.30h, desde a Catedral

· Solemne Vixilia Pascual, 23.00h, na Catedral, presidida polo Bispo, Alfonso Carrasco

Domingo 21. DOMINGO DE PASCUA

· Procesión do Santo Encontro, 11.40h, desde o Concello

· Solemne Misa Pontifical de Resurrección, 12.00h, na Catedral, presidida polo bispo, Alfonso Carrasco

· Ao remate da misa, Procesión do Cristo Resucitado, 13.30h, desde a Praza de Santa María