A Deputación recibe aos medallistas lucenses de Special Olympics

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO

CEDIDA

Conseguiron dúas medallas de ouro, dúas de prata e dúas de bronce en diferentes categorías de natación

22 mar 2019 . Actualizado a las 19:08 h.

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, acompañou aos familiares dos campións lucenses, no recibimento que lles fixeron á súa chegada de Special Olympics World Summer Games Abu Dhabi 2019. Os deportistas lucenses conseguiron dúas medallas de ouro, dúas de prata e dúas de bronce en diferentes categorías de natación. Rivera Capón explicou que «quixemos recoñeces este gran éxito para o deporte da provincia que demostra, unha vez máis, que as peores trabas para a competición son os prexuizos».