A provincia vive unha xornada en clave feminina

LUGO

Carlos Castro

O Día Internacional da Muller ofrece diferentes actos lúdicos e reivindicativos para o venres 8

08 mar 2019 . Actualizado a las 12:02 h.

A provincia vive o venres 8 unha xornada en clave feminina con motivo do Día Internacional da Muller. Ademais da convocatoria de folga (laboral, estudantil, de consumo e de coidados) e dos paros (de 12.00 a 14.00 horas nas quendas de mañá, e de 16.00 a 18.00 horas nas de tarde), hai programados numerosos actos lúdicos e reivindicativos por todos os concellos, que se prolongarán nos próximos días. Algúns dos previstos para o venres 8 son os seguintes:

LUGO

· Sede da UNED de Lugo. Abre a exposición de pintura Mujeres, de Ana Rodríguez.

· 18.00h. Ludoteca da Biblioteca Nodal. Animación á lectura a cargo de Cucarandainas, para nenas e nenos de 4 a 12 anos, baixo o título Eu non quero.

· 18.00h. Libraría Soños de Papel. Xornada informativa sobre a violencia de xénero, impartida polos avogados mindonienses Jairo Cabado e Adrián González-Seco.

· 20.00h. Desde a explanada fronte ao Multiusos da Xunta ata a Praza de Santa María. Manifestación feminista e ruada nocturna. Ao remate, a xornalista Cristina Lombao lerá un manifesto. Despois haberá un concerto do grupo A Banda da Loba.

VILALBA

· 12.00h. Praza da Constitución. Concentración.

· 12.30h. Praza da Constitución. Manifestación e lectura de manifesto.

· 13.30h. Praza da Constitución. Xantar compartido, proxeccións, palestras, teatro...

· 20.30h. Praza da Constitución. Manifestación e lectura de manifesto.

MEIRA

· 11.00h. Praza do Concello. Concentración e lectura de manifesto.

· 11.30h. Actuación musical de Rut León e David Taboada.

· 12.00h. Casa da Cultura. Proxección do filme El orden divino.

· 13.30h. Charla-coloquio sobre intelixencia emocional, a cargo de Manuel Soilán.

XERMADE

· 21.00h. Local da Asociación Veciñal de Cabreiros. Recepción das mulleres por parte do alcalde, Roberto García Pernas, e charla Por que as mulleres do rural paramos o 8 de marzo?, a cargo de Rosa Arcos Caamaño, presidenta de Fademur Galicia. Despois, cea e actuación musical do Dúo Estrellas.