Os máis pequenos saen esta tarde á rúa no desfile de disfraces

A cidade celebra a partir das cinco o Gran Concurso infantil desde a Praza da Soidade ata a Praza Maior


Lugo / La Voz

A provincia prepárase para unha fin de semana marcada polo Entroido. Na xornada de sábado celebraranse varios actos importantes en lugares como Lugo, Vilalba, Guitiriz ou Friol. O programa para esta xornada  é o seguinte:

 LUGO

· 11.30-13.30h. Obradoiro de Entroido para nenos de 3 a 10 anos, no Mercado Municipal, para elaborar máscaras, disfraces... Inscricións de balde no 010.

· 12.00h. Actuación do grupo de música tradicional Son de Lugh. Polo Mercado Municipal, Praza da Soidade, Rúa Nova, Rúa Tinería, Rúa do Miño e Praza do Campo.

· 16.30-17.30h. Salón del columnas do Círculo das Artes. Café-concerto coa orquestra Tango.

· 17.00h. Gran Concurso de Disfraces infantil. Desde a Praza da Soidade (en caso de chuvia, soportais do Mercado Municipal), presidido pola charanga Era Visto. Polas rúas Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e praza Maior. Haberá premios (vales de libros ou material escolar) para as categorías individual, parellas e comparsas

· 18.00h. Clase aberta de baile impartida por Lola Vintage, «Feira de pasos Swing»

· 20.00h. Charanga Viño Branco. Ronda das Fontiñas

· 20.30h. Charanga Aturuxo. Rúa do centro. E charanga Era Visto, por Campo Castelo, San Pedro e Praza Mártires de Carral

· 22.00h. Grupo de animación Troula, «Psycodelia», polo recinto histórico

· 23.30h. Festa de entroido no Ho! Gruf, con Pow Wow Club, cos pinchadiscos Jimmy Fleshtones e Jaimito Gabbahey

· 00.30h. Círculo das Artes. Concurso de disfraces xuvenil e de adultos. Animado coa orquestra Tango e os pinchadiscos DJ Galician Army e DJ Jako Rove.

 VILALBA

· 16.30h. Centro cultural e recreativo. Festa infantil de disfraces, con desfile, merenda e discoteca, con Puzzle Animación

· 21.00h. Asociación de veciños de Vilapedre. Concurso de disfraces, cea, sorteo dunha cesta e música en directo

· 00.00h. Centro cultural e recreativo. Baile de disfraces con premios e actuación de Los Mecánicos

 GUITIRIZ

· 17.00h. Escola da Conchada As Reixas, nos Vilares. Festa con agasallos para todos os disfrazados, sorteo dun goxo de entroido, música, chocolate, queimada...

· 20.30h. Guitiriz. Entroido miúdo polos locais Bolero, Gaibor, Korreo, Titanic, Zeus, Nistal, SOA, Flamingo, Centro e Xoldra. Animación musical a cargo de Roxedoiro, que sairá de xunto o parque infantil. Concurso de disfraces

 FRIOL

· 16.30h. Concentración de entroidos no centro social de Carballo

· 17.00h. Percorrido dos entroidos polo Concello

· 22.00h. Cocido con produtos de porco celta, e sobremesa con orellas, fritos, filloas...

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Os máis pequenos saen esta tarde á rúa no desfile de disfraces