A Xunta non autoriza a pasarela da N-VI xunto ao Anxo Carro se non se lle fan modificacións

Patrimonio di que a súa imaxe afecta ao Camiño primitivo

LA VOZ

Segundo unha resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia que entrou onte no rexistro do Concello de Lugo, a pasarela da N-VI, tal como está no proxecto, non pode ser autorizada. Pero este departamento da Consellería de Cultura abre a porta a que o concello presente nova documentación e cambios no deseño e poida ser autorizada. O goberno do concello asegurou onte que presentará a documentación necesaria e seguirá adiante co proxecto, porque é imprescindible para o desenrolo da cidade.

O documento que entrou no concello di o seguinte: «Coa documentación achegada non e posible determinar a percepción que dende o Camiño se terá da nova instalación. Polo que deberá achegarse unha nova documentación que permita valorar o impacto da pasarela no Camiño (percorridos fotográficos do Camiño cara a posición da pasarela proposta, incluíndo infografías, etc..) Tamén sería recomendable estudar a posibilidade de reformular a proposta presentada co fin de minimizar o seu impacto, por exemplo, simplificando o deseño das ramplas de acceso e dos piares da pasarela. As características estéticas e construtivas e os materiais, as cores e os acabados deben ser acordes coa contorna».

Todas estas reformas serán as que acometa o concello para poder seguir co proxecto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

A Xunta non autoriza a pasarela da N-VI xunto ao Anxo Carro se non se lle fan modificacións