O MusicAD da Deputación ofrecerá cinco concertos de folk internacional

As actuacións de música tradicional terán lugar os sábados do 2 ao 30 de marzo


A programación musical do MusicAD da Deputación de Lugo ofrecerá cinco contertos de folk internacional, de xeito gratuíto, na sala de exposicións da Capela de Santa María, os sábados entre os días 2 e 30 de marzo, ás 20.30 horas.

A deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou o programa, que inclúe a participación de grupos de música sefardi, irlandesa, galega e escocesa, tradicional, clásica e innovación e experimentación con novos sons. As entradas deben retirarse en ataquilla.com a partir de hoxe:

O programa é o seguinte:

· Día 2: Double-Double, inspirada na paisaxe musical irlandesa e escocesa

· Día 9: Zoelas, que aposta polo canto coral feminino

· Día 16: Ana Alcaide, con temas tradicionais casteláns e sefardíes

· Día 23: Dúo Fernando Barroso & Margarida Mariño, de música clásica

· Día 30: Candorka Trio, co repertorio da Fonsagrada, o jazz europeo, o rock e a vertente clásica

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O MusicAD da Deputación ofrecerá cinco concertos de folk internacional