Os cursos para mulleres en Outeiro de Rei inclúen desde cosmética natural ata tiro con arco

LUGO

Imagen de archivo de un curso de patchwork
Imagen de archivo de un curso de patchwork

05 feb 2019 . Actualizado a las 11:30 h.

O Concello de Outeiro de Rei presentou o programa de actividades de Promoción da Muller 2019, nas que xa está aberto o prazo de matrícula:

· Elaboración de xabóns e cosmética natural. Imparte Carmen López Arias, propietaria da Peluquería-BIO de Outeiro de Rei. A partir do 19 de febreiro. As participantes aprenderán a realizar xabóns para a limpeza doméstica e uso cosmético: xabón natural artesanal roupa?vaixela; xabón natural artesanal para a pel: de romeu, caléndula e manteca Karité; desmaquillante ultrasuave 100% vexetal con albaricoque; xel exfoliante de rosa e grans de papoula; serúm contorno de ollos con flor de aciano; crema facial de argancan; bálsamo con aceites para o corpo; baño capilar de aceites de coco e ricino; xampús vexetais; bálsamo para a pel multifunción...

· Iniciación ao horto ecolóxico. Imparte persoal técnico da empresa Nuevos Jardines. A partir do 14 de marzo. O obxectivo é conseguir de maneira o máis doada posible un horto familiar, onde cultivar hortalizas para consumo propio. As participantes aprenderán a crear e manter o seu propio horto, conservar e fomentar a creación de solo fértil para o horto, utilizar en cada momento as técnicas de cultivo máis adecuadas sen o uso de produtos tóxicos e contaminantes, controlar pragas e enfermidades de maneira biolóxica e producir alimentos de gran calidade nutricional.

· Taller de coiro. Imparte o artesán José Ramón Lleo Fisure, que leva toda unha vida adicada a traballar o coiro. Para aprender a elaborar e rematar diferentes pezas de coiro de forma artesá, feitas con ferramentas básicas e manuais. Analizarase o proceso de elaboración: deseño, realización do patrón e acabado das pezas.

· Concurso de fotografía «A muller traballadora no Concello de Outeiro de Rei». Para visibilizar o traballo das mulleres no concello en diferentes eidos da sociedade e en calquera ámbito (público ou privado). Establécense as categorías de fotografías antigas e fotografías actuais. O premio será 200 euros para a fotografía gañadora de cada sección. Os traballos pódense presentar no rexistro do Concello ata o día 25 de febreiro e cos que se reciban está previsto realizar unha exposición que será inaugurada o 8 de marzo, data na que se darán a coñecer as fotografías gañadoras e se entregarán os premios.

· Iniciación ao tiro con arco. A partir de xullo.

· De feira á Feira Medieval de Betanzos. 14 de xullo.

· Habilidades informáticas para tempos actuais. A partir de setembro.

· Reciclaxe e restauración de mobles. A partir de setembro.

· Iniciación ao scrapbooking. A partir de outubro.

· Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa charla «Prevención, detección e pautas de actuación en casos de violencia de xénero». Luns 25 de novembro, 17.00 horas, Casa da Cultura.

· Ademais, o Concello mantén na web www.outeiroderei.org un enlace ao «Correo da igualdade» para que calquera poida realizar suxerencias.

Toda a información está dispoñible na web, na Casa da Cultura ou no 982 393 408.