«O principal é que as estacas estén ben postas para que así poidan aguantar»

La Voz

LUGO

27 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Laureano Parada realiza peches para o gando por toda a comunidade e explica que ó principal é que as estacas estén a unha profundidade adecuada que permita que se sosteñan. «Aínda hoxe, traballando, estiven metendo estacas cunha altura mínima de 220 centímetros e enterrándoas case un metro», narra. «O que queren facer é imposible e ademais, no caso dos peches electrificados, poderíamos aforrar cunha maior separación», certifica.