Malestar no sector gandeiro despois da publicación de axudas para a prevención

Varias entidades asinaron un acordo para esixir maior comunicación ca Xunta e así elaborar un novo programa


lugo / la voz

O sector gandeiro da provincia amósase descontento como consecuencia da liña actual de axudas da Xunta para a prevención dos ataques de lobos e xabariles. Os profesionais recalcan «a importancia destas axudas para acadar un nivel de convivencia aceptable» cos animais salvaxes e, así, «fomentar medidas para unha adecuada xestión da situación actual». Nunha resposta conxunta ante as medidas da Xunta, Unións Agrarias, o Sindicato Labrego, AGACA e a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes esixen a derogación inmediata da orde de axudas.

Modificacións necesarias

O sector gandeiro recalca que no que se refire aos peches, a orde de axudas precisa dunha modificación urxente. En primeiro lugar, di o escrito colectivo, é necesaria a eliminación da esixencia de ter todos os permisos no momento de pedir as axudas xa que, segundo explican, tería que chegar con presentar a xustificación da solicitude.

Por outra parte, piden a inclusión de outros varemos de puntuación; a revisióin da memoria e características dos valados e o incremento dos orzamentos desta submedida. Un dos puntos que máis malestar xerou entre os gandeiros son as medidas dos peches, xa que a orde establece unha altura de 170 centímetros e o requisito de enterrar a malla e soterrar as estacas 30 centímetros. «Esto fará que en pouco tempo os valados acaben caendo», explican.

Os cans de protección

No seu escrito conxunto, os gandeiros tamén piden a eliminación do requisito de inscriciónno libro xenealóxico da raza do can. A única proposta de enmeda aceptada e rectificada, froito da forte contestación do sector, foi a determinación de que os mastíns non estiveran no libro xenealóxico.

Os profesionais esixen unha rolda de encontros co organismo para así elaborar unha nova orde de axudas que inclúa as propostas transmitidas dende as entidades representantes.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Malestar no sector gandeiro despois da publicación de axudas para a prevención