O BNG propón humanizar a beirarrúa onde se retirou o muro da Avenida da Coruña

Marta de Dios Crespo
MARTA DE DIOS LUGO / LA VOZ

LUGO

CEDIDA

A formación trasladará unha proposta ao goberno municipal para que se executen as actuacións

26 ene 2019 . Actualizado a las 13:23 h.

O BNG quere humanizar a beirarrúa onde se retirou o muro da Avenida da Coruña. Hai queixas veciñais porque o espazo que quedou despois é utilizado, a miudo, para estacionar vehículos. «Instalar xardineiras e uns bancos é a solución óptima para evitar que se convirta nun aparcadoiro de vehículos», explicou Rubén Arroxo.

O voceiro da formación nacionalista trasladará unha proposta ao goberno municipal para que se executen as actuacións no espacio resultante. Arroxo lembrou o tedioso proceso que o Concello seguiu para o derribo do muro que invadía parte da beirarrúa e sinalou que «claramente foi un éxito de perseverancia veciñal que se recuperase este espazo para as persoas».

«A actuación que propoñemos ten un baixo coste, unha fácil execución e unha importante repercusión social» porque «coa colocación duns bancos e unhas xardineiras evitarase que o espazo reservado ás persoas sexa invadido polos vehículos».

O Concello xa as mercou

O Concello de Lugo xa ten mercadas as xardineiras e os bancos, tal e como anunciou a alcaldesa Lara Méndez días atrás. Só falta a súa colocación.