Proposta para que un mural que «primo de Banksy» fixo no vello cárcere se conserve

LUGO

BNG

A iniciativa foi presentada por o BNG que reclama que o Concello «respecte e integre» o mural

18 ene 2019 . Actualizado a las 14:00 h.

O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, propuxo que o mural artístico feito no muro exterior do Vello Cárcere, no Cantiño Nemesio Cobreros, pase a formar parte da do contido expositivo deste espazo cultural municipal.  Nun acto celebrado hoxe no mesmo lugar, o concelleiro sinalou “está claro que se trata dunha manifestación de arte urbana, perfectamente encadrada no contexto do que significou este edificio, con contido simbólico, calidade artística e perfección estética”.

 "O mural artístico, asinado con pseudónimo de o Primo de Banksy, representa á figura de Alexandre Bóveda postrada no chan co texto A Derradeira Lección. Nos muros deste edificio foron asasinadas persoas por un réxime fascista pola única razón de defender as súas ideas e unha sociedade máis xusta, igual que a figura que representou Castelao na súa obra a A Derradeira Lección do Mestre” dixo Arroxo.

O voceiro da formación nacionalista dixo que apostaba “por facer un oco para a arte urbana neste espazo e respectar este mural artístico que tivo un importante recoñecemento social e acadaou, de xeito masivo, a súa difusión a través da redes sociais e das novas formas de comunicación.Faremos unha proposta formal para que o concello respecte e integre esta manifestación artística como parte do patrimonio da cidade".