Meira estrea novo campo de fútbol

La Voz

LUGO

O presidente da Deputacióin fixo o saque de honra

12 ene 2019 . Actualizado a las 16:31 h.

O presidente da Deputación, Darío Campos, e o deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, asistiron este sábado ao partido inaugural do Campo de Fútbol Municipal da Lomba, en Meira, totalmente renovado grazas á achega de 48.000 euros da Deputación. Durante o acto, no que estiveron acompañados polo alcalde do Concello, Antonio de Dios, e membros da corporación municipal, Campos Conde realizou o saque de honra do partido que se disputou entre o Meira Fútbol Club e o Iberia Club de Fútbol.